"El mismo día en que el ministro de propaganda de Hitler me ofrecio el cargo de director de la cinematografía alemana huí del país."
--Frizt Lang
axencia
Welcome to CREA
Antón Reixa xa presidente da SGAE, tamén regresa aos escenarios. PDF Print E-mail
Written by Antón Reixa xa presidente da SGAE, tamén regresa aos escenarios.   
Wednesday, 09 May 2012 20:57
There are no translations available.


Onte como seguro xa sabedes o noso compañeiro Antón Reixa foi elixido novo presidente da SGAE.
Reixa obtivo 24 dos 37 votos fronte aos 11 de Sastrón, que o levaron a ser o novo presidente da entidade. Da candidatura de Antón AUNIR xa falamos por aquí, pero hoxe toca darlle os parabéns e toda a enerxía e sorte posibles para impulsar a SGAE aos novos tempos, unha tarefa nada sinxela despois de todo o ocorrido na entidade.
Pero ademais queremos felicitar a Antón por algo que quizais pase máis desapercibido, pero que seguro que lle traerá menos dores de cabeza, e moitas alegrías, o retorno de Os Resentidos, que preparan un concerto este sábado 12 en ExpoOurense para conmemorar o 30 aniversario da banda. Unha oportunidade única volver a rememorar clásicos da cultura galega como Galicia Canibal ou Sitio Distinto, nesta ocasión interpretados polo flamante presidente da SGAE.

Aínda quedan entradas, tedes toda a información na web oficial de Os Resentidos.
Se queres saber máis sobre a elección, pásate pola web da SGAE.

Deixámosvos co vídeo colectivo que acaba de facerse do xa mítico Galicia Canibal.
 
Clase maxistral de guión de ciencia ficción con Sergi Belbel PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 09 May 2012 10:35
There are no translations available.



Os compañeiros de AGAG en colaboración co festival Curtocircuito organizan unha interesante xornada teorico-práctica sobre o guión de ciencia-ficción a cargo do guionista de EVA, Sergi Belbel.
Desde a Asociación Galega de Guionistas queren reivindicar o xénero e profundizar nos seus mecanismos narrativos, por iso mesmo, organizan por primeira vez en Galicia unha Master Class centrada no Guión de Ciencia-Ficción, que terá o seguinte programa:

Vernes 11 de maio
16.00 - 17.15
Parte 1 (teoría)
1. Ficción, Ciencia e Ciencia-Ficción.
2. Claves para a construción dun "mundo posible": leis, referencialidade e simboloxía.
3. Ciencia-ficción e tecnoloxía.
4. Tipoloxía (orientativa)
Descanso 15 min.
17.30 - 19.00
Parte 2 (práctica)
1. O proceso de creación do guión de "Eva".
2. Algúns exercicios prácticos

Tarifas
Socios de AGAG: 10 €
Tarifa xeral (non socios de AGAG): 30 €
Tarifa reducida estudantes Facultade/ Módulo/ Master Audiovisual: 25 €


Se estas interesado todavía podes apuntarte, pero non o adíes xa que o prazo de inscrición remata mañá.
Tes toda a información nesta ligazón

 
Obradoiros tecnolóxicos codeco na Cidade da Cultura PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Thursday, 03 May 2012 08:29
There are no translations available.



Durante o mes de maio organízanse na Cidade da Cultura tres obradoiros tecnolóxicos codeco. Codeco é un proxecto creativo dirixido polos compañeiros Belén Montero e Juan Lesta, e que resumindo, traballa no concepto da analoxización, ou o que é o mesmo, traslada os conceptos dixitais ao mundo real, tanxible, e incluso manipulable coas mans (ver o Tetris analóxico como exemplo).
Neste caso organizan tres obradoiros, un de Paleta gráfica codeco, un sistema que permite facer animación stop-motion, pero manexando os píxeles coas nosas propias mans; e dous de Copia de seguridade, neste caso orientados a público infantil, e nos que se achegará o mundo da creación dixital aos máis cativos, e no que crearán unha obra da que logo se fará unha copia de seguridade en código binario.

A matrícula dos obradoiros custa 3€, e estas son as datas:
Obradoiro de animación coa Paleta gráfica codeco: sábado 5 (horario de mañá e tarde) e domingo 6 de maio (horario de mañá) (adultos)
Obradoiros de Copia de seguridade: 16 ou 26 de maio. (cativos de 6 a 14 anos) (horario de mañá e tarde)

Tedes toda a información das actividades na web do proxecto codeco.
Para apuntarse ou ampliar información, horarios etc, podedes visitar estas ligazóns á web da Cidade da Cultura:
Obradoiro de animación coa Paleta gráfica codeco
Obradoiros de Copia de seguridade:
 
Premios Mestre Mateo 2011 PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Monday, 30 April 2012 12:48
There are no translations available.


O pasado sábado tivo lugar na Coruña a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2011 que como cada ano organiza a Academia Galega do Audiovisual.

A indiscutible gañadora desta edición foi Tralas Luces da compañeira Sandra Sánchez, que obtivo nada menos que tres premios: mellor dirección, mellor montaxe e mellor longametraxe documental.

Tamén felicitamos ao compañeiro Ángel de la Cruz que recibiu outro galardón máis polo guión da multipremiada Arrugas, e porsuposto ao resto de profesionáis premiados ou seleccionados.

Ademáis esta fin de semana o audiovisual galego obtivo varios galardóns no Festival de cine español de Málaga, onde podemos destacar os premios para Els Nens Salvatges da compañéira Patricia Ferreira (Mellor Película, Mellor Guión, e Mellor Actriz e Actor de reparto), o de mellor fotografía e mellor actor de reparto (ex- aequo) para O Sexo dos Anxos do compañeiro Xavier Villaverde, e Anacos de Xacio Baño que no mesmo festival levouse o premio especial do xurado de curtametraxes.

Tedes a lista completa dos Premios Mestre Mateo nesta ligazón.

 
O mundo das cámaras de “cine dixital” asequibles segue a medrar PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Tuesday, 24 April 2012 16:02
There are no translations available.




Hai xa anos que coa chegada do DV falouse da democratización do vídeo, xa que permitía producir con calidade semiprofesional a custes realmente reducidos en comparación cos antigos sistemas.
Na actualidade estase a producir unha segunda revolución que está a permitir producir contidos en calidade cinematográfica con custes técnicos realmente ridículos.
Acaba de clausurarse o NAB e alí son moitas as presentación que se fan de todo tipo de trebellos para a produción audiovisual.
No ámbito dás cámaras, a prestixiosa marca de produtos de posprodución BlackMagic, que xa revolucionaron hai anos a posprodución cos seus equipos de baixo custe e altísimo rendemento, veñen de presentar a súa incorporación ao mundo das cámaras coa Blackmagic Cinema Camera.
Este equipo ven a colocarse no ámbito das chamadas cámaras de cine dixital de baixo custe, no que compiten equipos de Canon, Red, Sony, etc.
Este equipo presentase cunhas interesantes especificacións técnicas que inclúen resolución de 2,5k, 13 stops de rango dinámico, compatibilidade con ópticas Canon e Zeiss, gravación en formatos RAW opensource e ProRes, conexión Thunderbolt... e todo isto por 2,325€.
O equipo xa se pode reservar nalgunhas tendas españolas.

Pero non todo son equipamentos “de marca”, este sector está en tal ebulición que incluso podemos documentar varios proxectos de cámara de cine dixital de código aberto. A Kinoraw, un proxecto  con sede en Barcelona e que están a recoller doazóns na plataforma Goteo, para o seu desenvolvemento. Ou outro proxecto de desenvolvemento de cámara de cine de código aberto, Apertus, que de igual xeito traballa na creación de equipamento de código aberto.




Non cabe dúbida de que os custes en equipamento técnico están baixando de xeito brutal na última década. Isto debería de permitir mellorar as condición de traballo do equipo humano, pero desgraciadamente parece que temos que asimilarnos coas máquinas e asumir unha baixada tamén brutal dos nosos honorarios.

 
Os técnicos e creadores do audiovisual galego claman contra a política da Xunta/AGADIC PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Thursday, 26 April 2012 10:36
There are no translations available.

logo_crea_300px

Nesta ultimas datas estanse a acender as protestas no sector audiovisual en protesta pola falta dunha política audiovisual clara na última lexislatura. O rumor case que confirmado, e nunca desmentido, da desaparición de moitas liñas de axudas da por parte de AGADIC, como a de TALENTO (o I+D do sector), acabaron por levantar aos profesionais do sector e dicir “basta”.
Así acaban de ver a luz dúas iniciativas, unha da Plataforma de Profesionáis do Audiovisual, na que se integra CREA, e outra promovida por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos, que apoiamos desde CREA, e que presentará un texto a AGADIC, en protesta pola desaparición da liña de axudas ao TALENTO.

No sector entendemos que nos tempos que corren é necesario asumir cambios, pero tamén sabemos que estes se poden facer doutro xeito máis intelixente, e que non desmantele un tecido que tantos anos e esforzo nos custou crear.

Nesta ligazón podes descargar en PDF o texto promovido por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos, e se qeres apoialo e asinalo, contactade con eles en This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it .
Se estás interesado no texto da Plataforma de Profesionáis do Audiovisual podes descargalo en PDF nesta Ligazón.


Vos deixamos o texto integro da carta da Plataforma:



PLATAFORMA PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL
A plataforma que aglutina as asociacións de profesionais do audiovisual reclama unha mellor xestión da política audiovisual por parte da Xunta de Galicia.
Os 600 profesionais que están representados polas diversas asociacións de profesionais de Galicia queren chamar a atención da Administración sobre a ausencia dunha política audiovisual clara. Os profesionais consideran un erro que, logo de tres anos de lexislatura, siga sen haber dentro da estrutura da Administración ningunha figura con experiencia específica en políticas audiovisuais internacionais, o que provocou -e segue a provocar- unha deriva administrativa que dificulta o aproveitamento eficaz dos recursos públicos.
Así mesmo, a plataforma considera que a anulación total das axudas ó talento, a I+D do noso sector- é unha medida equivocada, pois é a liña de axudas que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector, como testemuñan varias das producións máis exitosas dos últimos anos no audiovisual galego.
Consideramos tamén:

  1. Reclamar, dunha vez, cales son as liñas da política audiovisual da Xunta de Galicia e cal é o seu plan para o sector, non só para o que remata de lexislatura, senón a medio prazo, coñecer o seu criterio. Rematar coa desorientación administrativa.
  2. Coñecer cal é o futuro organismo que vai asumir esas competencias do audiovisual e a súa posta en marcha inmediata (canto tempo hai que foi a reunión con Feijoo?). Saber quen é o interlocutor/a válido da Xunta en materia audiovisual. Quen é a persoa que traza a idea xeral da política audiovisual, a que nos pode recibir e departir cos profesionais. Un perfil que entenda o audiovisual e fale a mesma linguaxe. Cal é exactamente o organigrama previsto para o novo organismo audiovisual. Dar a coñecer un interlocutor válido.
  3. Demandar a posta en marcha de plans que poidan suplir a desaparición das axudas a producións en linguas cooficiais, suprimidas polo Goberno central, co conseguinte desastre para Galicia, onde o idioma é piar e razón de ser da existencia dun audiovisual propio.
  4. Garantir o papel da TVG como medio público, pero tamén como motor da industria e do mercado laboral dos profesionais. Coñecer o plan do organismo competente do audiovisual e da televisión pública a medio prazo. ¿Que tipo de producións pensan poñer en marcha? ¿Cales serán os criterios por onde podemos esta preparados para tirar? ¿Que tipo de medidas hai que coordinen os contidos entre organismos audiovisuais da administración e televisión pública para coñecelos os profesionais e poder rendibilizalos no noso traballo futuro?
  5. ¿Que plans teñen pensado para reactivar o sector mais alá do discurso “non-hai- un-peso”? Cales son as ideas para desenvolver o audiovisual nese contexto?
  6. Esixencia de cumprir con rigor os compromisos e condicións legais nos equipos técnicos e artísticos galegos nas producións e coproducións financiadas pola Xunta de Galicia-Agadic.

ENTREVISTA ANXO QUINTANILLA Febreiro 2012 (“A integración vai levar un tempo”)
VAZQUEZ ANUNCIA NO PARLAMENTO (14/2/2012), a desaparición do Consorcio e unha portela única...


 

 

 
Agadic convoca as axudas á produción de longametraxes, sen aclarar se haberá máis liñas de axudas. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 20 April 2012 12:50
There are no translations available.


Onte AGADIC fixo pública a liña de axudas á produción de longametraxes.
Neste ano, e como podería ser previsible, esta liña volve a sofrer un forte recorte (similar ao do ano pasado) e o orzamento para 2012 limitase a 150.000€, deixando a maior parte da axuda para as vindeiras anualidades.

Isto podería ser máis ou menos normal en tempos de crise, pero todo parece indicar que esta será a única liña de axudas que AGADIC ten previsto sacar este ano, co que as liñas de apoio ao  talento, a de contidos interactivos, a de desenvolvemento de proxectos, a de curtametraxes e videoclips sufrirán un recorte do 100%.

Polo momento non hai confirmación oficial por parte de AGADIC, de que estas liñas se vaian cortar, pero tampouco de que se vaian manter.
Lamentamos a hipotética desaparición destas axudas que tanto rendemento indiscutible lle deron ao audiovisual galego e á cultura galega, chegando a obter recoñecementos que nunca antes soñáramos en Galicia, e todo cunha inversión baixísima por parte da Xunta de Galicia.
Nestes tempos os recortes son comprensibles, pero non acabo de entender que non afecten por igual a todos, e que se opte por desamparar aos máis febles. Espero que todo quede nunha falsa alarma (como ocorreu o ano pasado) e que AGADIC non abandone estas liñas de axuda.

Ligazón á liña de axudas.
Ligazón a nova en El País: "Agadic hipoteca o futuro do audiovisual"

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 1 of 27