|
O Cluster Audiovisual Galego vai desenvolver un proxecto baseado en cinco cursos de formación audiovisual para profesionais do sector en activo.
O plan está enmarcado nunha iniciativa de cooperación interrexional co Proxecto Universidade Empresa (PUE), que auna a empresa privada e á Universitat Politècnica de Catalunya-, a Corporación Aragonesa de Televisión e o CLAG. En colaboración coa Xunta de Galicia e o Centro de novas Tecnoloxías de Galicia.
Os cursos ofrecidos son: A realización da animación por ordenador: da idea á producción final 30 horas, bo 8 ó 12 de Febreiro de 16:00 a 22:00
Gravación e posproducción en HD 40 horas, do 22 de Febreiro ó 5 de Marzo de 16:00 a 20:00
Desenvolvemento de contidos para móbiles 30 horas, do 8 ó 15 de Marzo de 16:00 a 21:00
Técnicas avanzadas de edición 12 horas, do 16 ó18 de Marzo de 16:00 a 20:00
Programación en televisión dixital 20 horas, do 22 ó 26 de Marzo de 16:00 a 20:00
Se estades interesados encontraredes o formulario de inscrición na web do CNTG, seguindo as seguintes instrucións: No seguinte link accededes directamente á área de Formación do CNTG: http://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion
Na sección Formación do menú Actividades, compre seleccionar como área de formación a correspondente a: “deseño gráfico, programación multimedia e contornas audiovisuais”; aí mesmo aparecerá un listado no que figuran, entre outros, os cinco cursos. Pinchando sobre cada un, accedese a toda a información completa de cada un deles, incluído o boletín de inscrición.
|